• SEIS POEMAS GALEGOS

    GARCÍA LORCA, FEDERICO ALVARELLOS EDITORA Ref. 9788416460533 Ver otros productos de la misma colección Ver otros productos del mismo autor
    Edición facsímil do libro galego máis reeditado e traducido de todo o século XX. Incorpora as fotografías de García Lorca en Galicia. Nunha edición ao coidado de Henrique Alvarellos.Federico García Lorca foi un gran embaixador da cultura galega. A única lingua na que decidiu escribir, ademais do seu...
    Ancho: 170 cm Largo: 210 cm Peso: 250 gr
    Sin estoc
    16,00 €
  • Descripción

    • Colección : FACSÍMILES [S. XVIII-XX]
    • Nº de páginas : 58
    • Autores : GARCÍA LORCA, FEDERICO
    • Idioma : Gallego
    • Año de edición : 2018
    • Fecha de edición : 01/11/2018
    • ISBN : 978-84-16460-53-3
    Edición facsímil do libro galego máis reeditado e traducido de todo o século XX. Incorpora as fotografías de García Lorca en Galicia. Nunha edición ao coidado de Henrique Alvarellos.
    Federico García Lorca foi un gran embaixador da cultura galega. A única lingua na que decidiu escribir, ademais do seu castelán natal, foi a galega. A primeIra edición dos Seis poemas galegos saíu da imprenta de Ánxel Casal en Santiago de Compostela en decembro de 1935, oito meses antes do asasinato do gran poeta granadino. A tiraxe apenas superaba ous douscentos exemplares e foron moi poucos os que sobreviviron ao saqueo dos fascistas en agosto do 36.
    Non obstante, os poemas galegos de Lorca serían rspidamente incorporados ás súas obras completas e reeditados e traducidos durante este tempo por todo o mundo. Hoxe constitúen o libro en galego máis difundido do século XX.
    A presente edición facsimilar reproduce fielmente un de aqueles contados exemplares de 1935. Respeta, por un lado, o deseño, formato e papel orixinais da editorial Nós; por outro, incorpora, como un singular apéndice gráfico, as fotografías comentadas de García Lorca en Galicia, imaxes de 1916 e 1932 obtidas na terra onde el se sentía “poeta galego... poeta da alta herba, da chuvia alta e pausada”.

Suscríbete a nuestro boletín

Suscríbete y recibirás todas nuestras novedades. Cero SPAM, sólo contenidos de valor.
He leído, comprendo y acepto la política de privacidad
Información sobre el tratamiento de datos